O sábado volvemos á rúa. Súmate!

A plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN convoca a tod@s @s veciñ@s da Vila a unha CONCENTRACIÓN - CACEROLADA o vindeiro SÁBADO 3 de OUTUBRO ás 20:30 horas na PRAZA DO CONCELLO DE GONDOMAR

POLA NOSA DIGNIDADE! GONDOMAR NON QUERE UN GOBERNO
DE TRÁNSFUGAS E CORRUPTOS!

O alcalde de Gondomar veta ó BNG no Concello

Un recorte a los derechos y libertades de los ciudadanos y un impedimento para la oposición para desarrollar su labor de control al gobierno. En este sentido se manifestaron ayer los concejales de la agrupación municipal del BNG en Gondomar ante los escritos remitidos el pasado día 14 de este mes por el alcalde, Martín Urgal, al ex regidor, Antonio Araúxo y a los funcionarios del Concello en los que se les informa de la restricción de acceso de los concejales nacionalistas a las dependencias municipales.

El portavoz del Bloque, Pauliño del Río, calificó los hechos de "extrema gravidade", ya que, a su entender, vulneran la Constitución al no permitir la participación de los ciudadanos en los asuntos públicos, y el reglamento de las administraciones locales. Los ediles de la oposición, tal como se les explica en la nota, deberán formular una solicitud por registro para poder examinar y fotocopiar expedientes, las cuales deberán ser realizadas únicamente en la fotocopiadora de Secretaría. Además de explicar detalladamente el motivo de la petición, Urgal indica que, en todo caso, será él quien lo autorice.

El día 21, cuando la agrupación nacionalista recibía la resolución de Alcaldía, era remitida una circular a los funcionarios del Concello en la que se les informaba que con el fin de limitar el acceso de la oposición al interior del consistorio, "debedes impedir o seu acceso ás dependencias municipais" y, sobre todo, evitar que toquen ordenadores o documentos. "O alcalde incita aos funcionarios a cometer un delito", aseguró Araúxo. "Incluso chega a incitar ao uso da forza contra a representación lexítima da vontade popular", añadió.

El BNG acusó al gobierno de confundir nuevamente mayoría con legalidad "para defender os seus intereses particulares", tras haber proclamado que firmaban la moción para "acabar co noso oscurantismo" y advirtió que "foron borrados dun plumazo case 3.000 votantes".

Por su parte, el regidor local explicó que "todo se debe a una mala interpretación por culpa de un error de la transcripción de mi orden". Urgal matizó que no puede prohibir la entrada a nadie "porque no tendría sentido", sino que pretende facilitar el trabajo de los funcionarios. De hecho, afirmó que concejales del BNG "entraban y desordenaban los expedientes, que luego ellos tienen que devolver a su sitio". Por último, aclaró que no tiene nada que ver con las notas colgadas en el Concello, ya que forman parte de una circular privada a los trabajadores municipales.


Pódese ler o artigo aquí.

Os tránsfugas de Gondomar pasarán ao grupo non adscrito


Os edís de Gondomar Alfonso De Lis, Carlos Cabaleiro, Teresa Capel e Manuel González deberán pasar ao grupo dos non adscritos despois de que o comité federal do PSOE confirme a súa expulsión. No entanto, onte non deron conta da súa nova situación no pleno, polo que aínda non formalizaron o seu cambio de grupo. Aínda así, a edil Teresa Capel xa non presentou en nome do PSOE unha moción que tiña preparada sobre as axudas para a compra de libros de texto. Anunciara que o faría mentres non recibisen a notificación da súa expulsión definitiva.

A sesión transcorreu entre repróchelos e apupos dunha boa parte dos veciños que presenciaron a sesión no auditorio Lois Tobío, que volveron unha vez máis a increpar aos membros do equipo de goberno.

A tensión elevouse ata tal extremo que o alcalde, Martín Urgal, pediu a un policía local que identificase a un membro do público que estaba protestando, o que fixo que numerosos veciños alzasen tamén os seus carnés de identidade como mostra de solidariedade.

Alfonso de Lis, Carlos Cabaleiro, Teresa Capel e Manuel González están xa definitivamente fose do PSOE. Os edís xa non teñen posibilidade de alargar a súa permanencia nas filas socialistas. Se presentasen un recurso, para o que teñen un prazo de dez días hábiles, seguirían fóra da agrupación. Non se dá no seu caso esa excepción que mantén, por exemplo, a Carlos Silva como cargo público mentres non se resolva o recurso á sentenza que o condena por prevaricación urbanística.

Os catro edís ex-socialistas están legalmente obrigados a formar parte do grupo dos non adscritos.

O motivo da súa expulsión non é outro que apoiar unha moción de censura para facer alcalde a un edil do PP. «Non cabe a menor dúbida de que foron informados pola comisión executiva municipal e nacional galega do rexeitamento de ambas á moción de censura», maniféstase no texto emitido pola comisión executiva federal.

O organismo considerou este comportamento como falta moi grave e, ao non presentar alegacións os tránsfugas, elevan a definitiva a expulsión. Simpatizantes socialistas e membros da executiva realizaron fotocopias da resolución definitiva e repartírona antes de que comezase a sesión plenaria de onte en Gondomar, co obxectivo de dar a coñecer a expulsión dos tránsfugas.

O edil Antonio Araúxo denunciou unha «caza de bruxas» e o goberno negouse a contestar a todas as preguntas lanzadas pola oposición.


Primeiro Pleno ordinario do novo goberno municipal de Gondomar

O pasado xoves 10 de setembro os veciños da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN volvemos presenciar a ignorancia política dos nosos actuais gobernantes. A sesión foi moi tensa, á vez que cómica, xa dende o principio pois o excelso señor Urgal ordeou á policía identificar a un espectador (que gritaba a pleno pulmón “¡Corruptos!) por suposotos isultos. Agora ben, non é certo que nese equipo de goberno hai algún condenado por delitos urbanísticos? Por outra banda, o señor Manolito Núñez amosou a súa faceta máis inquisitorial cando se enfrontou a Pauliño del Río: “Eu falo cando me da a gana” vocexou o polifacético concelleiro de Gobernación cando non lle derán aínda permiso para falar.

No primeiro Pleno ordinario que lle tocou presidir ó señor Martín Urgal, entre os gritos do público, os doce concelleiros mostraron a súa incompetencia para gobernar. E é que, aparte da rectificación de erros nas comisións informativas, outra proposta de alcaldía sobre a aprobación dunha modificación de crédito e unha única moción presentada pola concelleira de Benestar Social e Muller, Teresa Pereira Capel, o contido do pleno achegouno a oposición con sete mocións. Con todo, parece que o goberno non vai aceptar nada que leve a sinatura do BNG e, polo tanto, os doce votaron (algúns deles só serven levantar a man como as marionetas que se erguen accionadas por un resorte) en contra de todas as mocións que presentaron os edís da oposición.

Con todo, a desvergoña deste goberno non remata ahí. “Se hará, se hará” dixo Teresa Pereira sobre a moción do BNG sobre o mantemento dos cursos para maiores ainda que non dubidou en votar en contra despois de ter que repetir a votación xa que na primeira volta non levantou a man. En efecto, as declaracións desta concelleira non casan co seu voto mais non sorprende esta actuación cando se vendeu ó poder por un posto no concello. Este non foi o único caso no que o voto non se corresponde coas palabras; incomprensiblemente, unha tras outra, as mocións da oposición foron rexeitadas pero non han tardar en ser aprodas cando sexa un deles quen as presente maquilladas para a ocasión.

Pois ben, aqueles que tanto criticaban a ineficacia do goberno do BNG, están demostrando co paso do tempo que son aínda máis incompetentes e que non están dispostos a traballar polos veciños de Gondomar senon polos seus propios intereses.

A Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN no Parlamento Galego

Os veciños de Gondomar irromperon no hemiciclo galego

O deputado do BNG Henrique Viéitez formuloulle unha pregunta ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, sobre a postura da Xunta no caso da moción de censura de Gondomar. Rueda defendeu que existe a "autonomía local", o que abre a vía a que se produzan situacións así. Viéitez acusou os populares de "cinismo político" con este asunto e falou de "covardía" porque non explicaron as "razóns" que levaron á moción, que asegura que están vinculadas coa "corrupción urbanística". As intervencións foron seguidas desde a tribuna por un grupo de veciños de Gondomar, que despregaron bandeiras e fixeron visibles adhesivos que recollían o lema: "Moción=Corrupción". José Manuel Baltar obrigounos a calmarse.


A Plataforma volve saír á rúa

Os veciños da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN volvemos tomar o sábado as rúas de Gondomar provistos coas nosas armas de facer barullo para demostrarlle ós corruptos e ós tránsfugas non esquecemos. Despois de dous meses, o pobo de Gondomar segue a opoñerse á inmoralidade política que derivou nunha moción de censura coa que boa parte dos veciños e veciñas da vila nunca estivo de acordo.

O son das cazarolas comezou na Praza do Concello e posteriormente recorreu ás principais rúas de Gondomar para finalizar, tras unha hora de música ininterrompida, na mesma praza onde comezou.

Ata o próximo sábado 4 de outubro non volveremos saír á rúa, pero probablemente o Alcalde e os seus 11 secuaces hannos dar motivos para facelo.

Nova concentración - cacerolada da Plataforma Moción = Corrupción

A plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN convoca a tod@s @s veciñ@s da Vila a unha CONCENTRACIÓN - CACEROLADA o vindeiro SÁBADO 5 de SETEMBRO ás 21:00 horas na PRAZA DO CONCELLO DE GONDOMAR

POLA NOSA DIGNIDADE!

GONDOMAR NON QUERE UN GOBERNO DE TRÁNSFUGAS E CORRUPTOS!