E agora, Porriño

O do Porriño sería o cuarto desaloxo dun alcalde da provincia de Pontevedra propiciado desde as filas do PP e achacado polas respectivas oposicións a Rafael Louzán. Os outros tres concellos que contan con alcaldes non electos nas urnas son Mos, limítrofe co Porriño, e onde pasou a gobernar unha ex colaboradora de Louzán, Nidia Arévalo; Gondomar, á fronte do cal atópase Carlos Silva (concelleiro de Facenda), quen na actualidade é tamén deputado provincial; e para rematar, Silleda, onde pasou a gobernar Ofelia Rei, tras desbancar a unha alcaldesa socialista, non sen gran polémica, como no resto dos casos.

En calqueira caso, a desvergoña política dun partido '¿democrático?' que tenta invertir os resultados de 2007 a través do transfuguismo. Mos, Gondomar ou Silleda, e agora Porriño, son só algúns exemplos -xa que únicamente se mencionan as mocións da provincia de Pontevedra- da ausencia de valores políticos do PP. Non obstante, o futuro seguirá sendo noso.

0 comentários:

Enviar um comentário