A Plataforma volve saír á rúa

Os veciños da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN volvemos tomar o sábado as rúas de Gondomar provistos coas nosas armas de facer barullo para demostrarlle ós corruptos e ós tránsfugas non esquecemos. Despois de dous meses, o pobo de Gondomar segue a opoñerse á inmoralidade política que derivou nunha moción de censura coa que boa parte dos veciños e veciñas da vila nunca estivo de acordo.

O son das cazarolas comezou na Praza do Concello e posteriormente recorreu ás principais rúas de Gondomar para finalizar, tras unha hora de música ininterrompida, na mesma praza onde comezou.

Ata o próximo sábado 4 de outubro non volveremos saír á rúa, pero probablemente o Alcalde e os seus 11 secuaces hannos dar motivos para facelo.

0 comentários:

Enviar um comentário