Primeiro Pleno ordinario do novo goberno municipal de Gondomar

O pasado xoves 10 de setembro os veciños da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN volvemos presenciar a ignorancia política dos nosos actuais gobernantes. A sesión foi moi tensa, á vez que cómica, xa dende o principio pois o excelso señor Urgal ordeou á policía identificar a un espectador (que gritaba a pleno pulmón “¡Corruptos!) por suposotos isultos. Agora ben, non é certo que nese equipo de goberno hai algún condenado por delitos urbanísticos? Por outra banda, o señor Manolito Núñez amosou a súa faceta máis inquisitorial cando se enfrontou a Pauliño del Río: “Eu falo cando me da a gana” vocexou o polifacético concelleiro de Gobernación cando non lle derán aínda permiso para falar.

No primeiro Pleno ordinario que lle tocou presidir ó señor Martín Urgal, entre os gritos do público, os doce concelleiros mostraron a súa incompetencia para gobernar. E é que, aparte da rectificación de erros nas comisións informativas, outra proposta de alcaldía sobre a aprobación dunha modificación de crédito e unha única moción presentada pola concelleira de Benestar Social e Muller, Teresa Pereira Capel, o contido do pleno achegouno a oposición con sete mocións. Con todo, parece que o goberno non vai aceptar nada que leve a sinatura do BNG e, polo tanto, os doce votaron (algúns deles só serven levantar a man como as marionetas que se erguen accionadas por un resorte) en contra de todas as mocións que presentaron os edís da oposición.

Con todo, a desvergoña deste goberno non remata ahí. “Se hará, se hará” dixo Teresa Pereira sobre a moción do BNG sobre o mantemento dos cursos para maiores ainda que non dubidou en votar en contra despois de ter que repetir a votación xa que na primeira volta non levantou a man. En efecto, as declaracións desta concelleira non casan co seu voto mais non sorprende esta actuación cando se vendeu ó poder por un posto no concello. Este non foi o único caso no que o voto non se corresponde coas palabras; incomprensiblemente, unha tras outra, as mocións da oposición foron rexeitadas pero non han tardar en ser aprodas cando sexa un deles quen as presente maquilladas para a ocasión.

Pois ben, aqueles que tanto criticaban a ineficacia do goberno do BNG, están demostrando co paso do tempo que son aínda máis incompetentes e que non están dispostos a traballar polos veciños de Gondomar senon polos seus propios intereses.

0 comentários:

Enviar um comentário