Bonita estampa no Obradoiro...

O domingo pasado fomos a Santiago a sentirnos moi orgullosos de ser galegos, de ter unha lingua propia que nos identifica, que nos fai ser parte do que somos e coa que nos debemos implicar para que non nos arrinquen ese anaco do noso orgullo. E pedímolo todos, dende Pousa Antelo cos seus 95 anos ata os máis cativos; e fixémolo con alegría, con cánticos, con berros, con risas, con bandeiras, sen bandeiras e revoltos que é como millor se fan estas cousas.
Pero, resulta que os que vivimos en Gondomar aparte de que "QUEREMOS GALEGO" tamén queremos que se sepa o que está a pasar no noso Concello. E temos tamén algo que nos identifica, a bandeira de "Mocion = Corrupción". Así que, con esta e-moción colgamos as nosas bandeiras nun lugar privilexiado, e fixemos a nosa foto para compartir coa xente que pensa como nós, que non queremos corruptos no lugar onde vivimos.

0 comentários:

Enviar um comentário