O reparto do pastel

O vindeiro venres, día 23, esta convocado outro PLENO EXTRAORDINARIO que terá lugar as 13:00 horas no AUDITORIO LOÍS TOBÍO, e xa van 5 (4 extraordinarios e 1 ordinario) .

Cada un custa ós veciños mais de 1.000.000 de ptas. ou 6.000 €.

Neste PLENO EXTRAORDINARIO pretenden aprobar tres dedicacións exclusivas ou soldos de 41.000 € ó ano.

Que se saiba De Lis, Cabaleiro e outro mais van cobrar cada un 3.394,11 € ó mes (564.733 ptas.)

Ademais destes tres, Martín, o que fai de alcalde, cobra 4.362 € ó mes (725.874 ptas.) e Silva leva cobrando dende o mes de Agosto 6.000 € (1.000.000 ptas.) ó mes como “premio de consolación” que lle da Louzán por non ser alcalde.

Lembremos que o goberno anterior pediu nun Pleno a aprobación de dúas dedicacións exclusivas de 27.000 € ó ano e lle votaron en contra.

Se podes, asiste o pleno para mostrarlle ó teu rexeitamento.

1 comentários:

Anónimo disse...

Asistimos ó pleno e mostramos o noso rexeitamento. Fixémolo con rabia, con moita rabia, ás veces penso que demasiada, pero é imposible contense ante tanta desvergonza, incompetencia e corrupción que ten este goberno. Non foron quén de defender nin un só punto dos criticados pola oposición. Levaron uns orzamentos cheos de erros, omitindo partidas orzamentarias, cambios no convenio regulador dos traballadores, subvencións.....e o Sr. Concellerio de Facenda (chamado Silva) non sabia do que se lle estaba a falar...gustaríame saber a quén lle vai votar a culpa...
Permaneceron calados durante toda a sesión, tan só interviu a oposición e ó final coma sempre votaron...a eso iban a votar os seus salarios nos que, por certo, non se trabucaron nadiña estaba todo moi claro.
Por iso flipo coa noticia que dá o faro de vigo. A periodista debeu estar noutro pleno porque, según ela, houbo debate. Bueno sí, houbo debate. Entre a oposición é o publico que estabamos alí. !vergoña debería darlle publicar unha noticia con tantas mentiras!

Enviar um comentário