Suspendida a cacerolada

Mañá sábado ás 18 horas hai unha manifestación en Vigo en apoio aos mariñeiros do Alakrana detidos en Somalia. Dende a plataforma Moción = Corrupción queremos manifestar a nosa solidaridade e apoio aos mariñeiros detidos e ás súas familias, polo que a cacerolada prevista para mañá sábado queda suspendida. A vindeira é o 5 de decembro ás 20:30 horas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Me parece moi ben o apoio aos familiares do Alakrana, pero non entendo que se deixe a nosa MENSUAL mobilización ate o próximo mes.

Anónimo disse...

E curioso ver como os mesmos que presentan mocións de censuras provocan a desmovilización de un colectivo como este facendo mirar todo o mundo cara o mesmo lado. O problema do alakrana non se resolve saindo a calle contra o goberno central e nun suposto apoio dos mariñeiros e as suas familias. Pan e circo.

Enviar um comentário