Quen somos?

A plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN surxiu como a resposta dos veciños e veciñas autoorganizados ante a moción de censura totalmente inxustificada contra o goberno do BNG en Gondomar.

Dita moción de censura foi promovida polo PP de Gondomar e levada a cabo grazas a un concelleiro independente e a 4 tránsfugas do PSOE que, ignorando totalmente aos seus votantes, utilizaron a súa condición de concelleiros para apoiar a un alcalde do PP e a un goberno con 2 membros condenados a 8 anos de inhabilitación de a ano e medio de cadea por prevaricación.

Ademáis dos tránsfugas e os condenados as infraccións urbanísticas de todos coñecidas tanto do novo alcalde, Martín Urgal, como do anterior portavoz socialista, Alfonso de Lis Fiuza, e dunha clara disposición a recuperar o PXOM do 2006 polo que foron detidos dous concelleiros do PP por aceptación de subornos na súa redacción, fannos pensar en escuros intereses detrás deste novo goberno.

Por todo isto consideramos a moción de censura e o cambio de goberno resultante como un atentado á vontade democrática que Gondomar expresara nas urnas nas pasadas eleccións municipais e un atentado á dignidade do pobo de Gondomar o cal volve a ter no seu goberno claros indicios de corrupción.

O obxectivo principal da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN é devolver a normalidade democrática a Gondomar e loitar contra a corrupción que con esta moción de censura volveu a tomar posesión das rendas da nosa vila.

1 comentários:

Anónimo disse...

Hola compañeiros.
Somos os amigos do Porriño. Creamos unha páxina na que poder informar da situación do noso pobo despois da moción de censura aquí acontecida. Anadimos a vosa páxina ós nosos contactos, e estaríamos encantados de que vos tamén nos engadísedes. Temos que estar unidos neste tempo antes das proximas eleccións, e a volta da democracia ó noso pobo...

Publicar um comentário