Súmate á maré anti-corrupción

O vindeiro sábado 22 de agosto volvemos a intentalo.

Debido a unha serie de contratempos, decidimos adiar o paseo por Praia América para o sábado 22 de agosto ás 17:00 horas. Encontrariámonos no mesmo sitio, no Pavillón de Deportes de Gondomar.

É un esforzo que paga a pena.

-------------------------------------------------------------------------------------

A plataforma convoca para o domingo 16 de agosto un paseo anti-corrupción por Praia América.

Nestes días de tanta calor, Praia América está ateigada de xente de toda España así como doutros países, de todas as cores políticas, de todas as ideoloxías. Dende a plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN pensamos que sería moi positivo percorrer a praia dende Lourido ata Panxón para que as nosas reivindicacións se espallen polo mundo.

Reuniriámonos ás 11:00 horas no aparcamento do Pavillón de Deportes de Gondomar e alí xa nos organizamos para achegarnos ata Praia América.

Súmate á maré anti-corrupción!

0 comentários:

Enviar um comentário