A Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN no Parlamento Galego

Os veciños de Gondomar irromperon no hemiciclo galego

O deputado do BNG Henrique Viéitez formuloulle unha pregunta ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, sobre a postura da Xunta no caso da moción de censura de Gondomar. Rueda defendeu que existe a "autonomía local", o que abre a vía a que se produzan situacións así. Viéitez acusou os populares de "cinismo político" con este asunto e falou de "covardía" porque non explicaron as "razóns" que levaron á moción, que asegura que están vinculadas coa "corrupción urbanística". As intervencións foron seguidas desde a tribuna por un grupo de veciños de Gondomar, que despregaron bandeiras e fixeron visibles adhesivos que recollían o lema: "Moción=Corrupción". José Manuel Baltar obrigounos a calmarse.


0 comentários:

Enviar um comentário