O goberno municipal de Gondomar aprobou onte nun breve Pleno extraordinario o cambio de hora e lugar das sesións ordinarias, que en diante se celebrarán o último xoves de cada mes as 9:00 horas no segundo andar da Casa da Cultura. Con este acordo, o tripartito pretende conseguir unha menor afluencia de veciños e veciñas contrarios á inmoralidade dos señores concelleiros que asaltaron o Concello. E é que compre recordar, por unha banda, que o novo emprazamento dos plenos é un lugar sen espazo suficiente para os veciños e, por outra, que non conta con accesos para os minusválidos ou para as persoas maiores. Como xa viñamos anunciando, a este goberno incomódalle a xente nos plenos, e máis se esas persoas se amosan contrarias o seu xeito de gobernar.
Un feito máis grave aínda que o cambio de hora e lugar para impedir a asistencia dos veciños, é nomeamento de Alfonso de Lis como alcalde en funcións, en substitución de Martín Urgal, que estaba enfermo, ou así o manifestou o propio de Lis.
Como ben recollía hoxe a prensa:
a lei impide que exerza como alcalde un concelleiro que non forma parte da comisión de goberno. E Alfonso de Lis non forma parte deste organismo porque ten dedicación exclusiva e deixou ese oco libre para que outro compañeiro poida cobrar por asistir a esas reunións. A secretaria recoñeceu que existía un “vicio de lei”, que non impediu a celebración da sesión. “Nomeándose a si mesmo, pero ilegalmente, só así pode ser alcalde”, acusoulle Do Rio (La voz de Galicia)
Todas estas actuacións de quen nos goberna soamente provocan un maior rexeitamento por parte dos veciños e veciñas do Concello a este grupo de incompetentes que gastan, ou mellor, malgastan o diñeiro público nun Pleno extraordinario innecesario.
2 comentários:
É curioso o que se vive en Gondomar, non é alcalde ninguén que se candidatase para tal, e un que se candidatou e non o conseguiu, vai e autonomease. Menos mal que é ilegal ainda que nada lle importe, pero, imaxinades que fose legal?. Teríamolo de alcalde para sempre. Cousas veredes "Fonsi" que a tí non, pero a nos nos farán caer do cabalo.
Cabal Eiro de Vich
que tíos máis frikis xDxD Menos mal que xa queda menos...
Enviar um comentário