Achégase o final dos tránsfugas no PSdeG...

Segundo informa hoxe a prensa, o PSdeG expulsará ós tránsfugas de Gondomar a semana próxima. Entre outras cousas, Pablo García


Explicou que esta (a expulsión) se realizou "con carácter inmediato", o que permitiu eludir os trámites de presentación de probas --"porque a moción de censura non estaba aceptada polo PSOE"--, aínda que este procedemento si admite as alegacións.

En todo caso, o prazo para que os afectados presenten as súas alegacións toca ao seu fin, polo que, "a principios da próxima semana", o asunto estará "arranxado", tal e como asegurou Pablo García.


Xa non era sen tempo que os señores Alfonso de Lis, José Carlos Cabaleiro e Manuel Gómez e a señora Teresa Pereira Capel deixen de representar a un partido do cal se desentenderon cando firmaron e ratificaron a moción da vergoña. Parece que xa cada quen vai ocupar o lugar que lle corresponde, e o destes catro individuos é o grupo dos non adscritos.

Agora só nos queda saber onde colocar ós outros seis compoñentes deste circo, que segundo se escoita por aí, se deran de baixa do Partido Popular antes da moción; anque, neste caso, vai ser un pouco máis complicado... E é que, mesmo sendo certo que pediran a baixa voluntaria do partido, quen dubida que pedirán novamente a alta para concorrer as eleccións municipais de 2011?

Paseo por Praia América

Á vista de tanta xente como había onte en Praia América, os veciños da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN paseamos pola veira do mar as nosas bandeiras; percorremos a praia repartindo panfletos entre os bañistas con recortes de prensa, a dirección deste blogue, etc; levamos, en definitiva, as nosas reivindicacións dende Lourido ata Panxón a fin de que se coñezan non só en Gondomar, senón tamén noutros puntos da xeografía galega e española.

Ás 17:00 reunímonos, como estaba previsto, no Pavillón de Deportes de Gondomar onde nos organizamos para chegar a Praia América onde nos engalanamos coas nosas bandeiras azuis para comezar a camiñada. Durante aproximadamente dúas horas e media percorremos a Praia pola area entre a ollada indiscreta dalgúns bañistas, curiosa doutros e molesta duns poucos. Pero, con todo, o paseo foi ben e mesmo algunhas persoas se achegaban a nós para interesarse polo motivo que nos levou a realizar esta actividade.

Deste xeito, con esta actividade cívica, a Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN pretende manifestar, unha vez máis, o seu rexeitamento ó novo goberno que se impuxo no noso Concello ó tempo que tenta espallar esta desconformidade polo mundo.

Súmate á maré anti-corrupción

O vindeiro sábado 22 de agosto volvemos a intentalo.

Debido a unha serie de contratempos, decidimos adiar o paseo por Praia América para o sábado 22 de agosto ás 17:00 horas. Encontrariámonos no mesmo sitio, no Pavillón de Deportes de Gondomar.

É un esforzo que paga a pena.

-------------------------------------------------------------------------------------

A plataforma convoca para o domingo 16 de agosto un paseo anti-corrupción por Praia América.

Nestes días de tanta calor, Praia América está ateigada de xente de toda España así como doutros países, de todas as cores políticas, de todas as ideoloxías. Dende a plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN pensamos que sería moi positivo percorrer a praia dende Lourido ata Panxón para que as nosas reivindicacións se espallen polo mundo.

Reuniriámonos ás 11:00 horas no aparcamento do Pavillón de Deportes de Gondomar e alí xa nos organizamos para achegarnos ata Praia América.

Súmate á maré anti-corrupción!

Improvisada xuntanza na Praza do Concello

Ó aire libre, na Praza do Concello; así é como se celebrou a xuntanza convocada pola Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN do pasado venres 7. Iso non impediu, así e todo, que aproximadamente un cento de veciños e veciñas asistisen á asemblea cargados con cadeiras e dispotos a aportar ideas. Deste xeito, na mítica praza improvisouse unha sala de xuntas onde se puideron discutir, co ruido dos coches de fondo e ante a ollada curiosa de transeúntes que, por casualidade, pasaban polo lugar, as novas accións que imos levar a cabo na vila contra a corrupción que se instalou no noso concello.

Pois ben, resulta que os veciños solicitamos a sala de xuntas da Casa da Cultura ou o auditorio municipal Lois Tobío; mesmo nos valía calquer outra sala nun dos moitos edificos municipais que presumiblemente estarían desocupados á hora en que se ía realizar a xuntanza (as 21:00)! Pero non, o goberno local declinou a nosa petición cun breve texto onde nin tan sequera se explicaban as causas polas que se nos denegou calquera destes espazos. Parece ser que na Casa da Cultura estábase a celebrar unha exposición -que casualmente remataba ás 20:00 horas- e no auditorio algunha obra de teatro pero nada se nos dixo da sala alternativa, ben no Centro Neural, ben nas vellas escolas.

A pesares deste revés, a xuntanza foi moi proveitosa e despois dun positivo debate decidimos seguir loitando para acadar o noso obxectivo de dignificar a vida política da vila de Gondomar e evitar que apareza diante do mundo como un lugar de corrupción, de transfuguismo e, en definitiva, de desvergonza política.

Xuntanza da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN

O vindeiro venres día 7 de agosto terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar ás 21:00 do serán unha xuntanza da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN.

Está xuntanza está aberta a todo aquel que queira participar e/ou aportar ideas para artellar a organización e o tipo das vindeiras actuacións que a Plataforma levará a cabo ao longo dos próximos meses.

Entre todos e todas loitaremos para botar a todos os corruptos de Gondomar!

O Alcalde ameaza coa expulsión ós veciños asistentes ó pleno

Na prensa de hoxe, baixo o titular "La bronca política se instala en Gondomar", recóllese un resumo do pleno municipal que tivo lugar onte onde, de novo, os veciños amosaron o seu malestar co novo goberno presidido por Martín Urgal. Recollo aquí as primeiras liñas da noticia:

Los abucheos y gritos son una constante en los plenos de Gondomar desde la moción de censura. La de ayer, pese a que daba comienzo a las 13.30 horas, no fue excepción. Más de un centenar de vecinos acudieron al auditorio Lois Tobío con las pancartas ya famosas de "moción=corrupción". Los manifestantes hicieron pasillo a los miembros del tripartito a su llegada y salida del recinto sin que se produjese ningún incidente. En plena sesión el audímetro se disparó cuando volvieron a nombrar a los ediles expulsados como miembros del PSOE en la corporación.
El regidor local, Martín Urgal, tuvo que llamar al orden al púbico congregado en varias ocasiones y recordó que no estaban autorizados para intervenir. A los gritos de "corruptos o "ilegales" el alcalde amenazó con "identificar a los que están insultando y pedirles que abandonen la sala". Finalmente, no fue preciso.

En efecto, o alcalde ameazou ós veciños con identificalos ante a policía e coa expulsión da sala do auditorio onde se estaba a celebrar a sesión plenaria. E é que non lles convén que a xente fale. Non obstante, cando a oposición lle requeriu que aclarase quen era o portavoz do goberno, que parece ser Alfonso de Lis Fiúza, Urgal manifestou que el era partidario de que falase todo o mundo (sobre todo se son os seus compañeiros de goberno -v.gr. Manuel Nuñez Sestelo- os que fan uso da palabra). Pois ben, resultan contradictorias estas palabras do Alcalde coas que lle dedicou ó público; aínda máis, o señor Alcalde parece que non quere escoitar o que lle ten que dicir o pobo.

Duascentas persoas reclaman un "goberno digno" en Gondomar

A una semana de que se cumpla un mes desde que prosperara la moción de censura en Gondomar, que apeara del gobierno al BNG y diese la alcaldía al popular Martín Urgal, unos doscientos vecinos se concentraron ayer en la Plaza del Concello para demostrar que "non se olvidan" y exigir "un goberno honrado e digno" para el municipio. Los manifestantes acudieron nuevamente con pancartas azules con el lema "moción=corrupción" y cazuelas, tal como lo habían hecho durante los momentos de gestación de la moción. Además la plataforma convocante repartió camisetas y pegatinas reivindicativas.
Los allí presentes acordaron continuar con las protestas mientras prosiga la nueva corporación y estudian nuevas fórmulas para llevarlas a cabo. Consideran que los miembros del tripartito no forman un gobierno legítimo y que sólo "pretenden enriquecerse a costa do pobo de Gondomar".

A Plataforma estivo no pleno da Deputación de Pontevedra

Varias decenas de vecinos de la plataforma Moción=Corrupción de Gondomar trasladaron sus protestas por la moción de censura que provocó el cambio del Gobierno municipal al pleno que la Diputación Provincial de Pontevedra celebró ayer y, singularmente, contra el presidente de la corporación, Rafael Louzán, al que increparon en repetidas ocasiones con gritos de "corrupto".

La manifestación de los vecinos de Gondomar coincidió a las puertas de la Diputación Provincial con otra de bomberos del sur de la provincia, que protestaban por la privatización de la gestión del servicio que proyecta la Diputación. El presidente ordenó cerrar las puertas del edificio para evitar los altercados dentro, sin reparar en que algunos diputados aún no habían entrado.

Pudieron acceder por puertas secundarias o superando los forcejeos con los vecinos que también querían entrar al edificio -la mayoría, unos 50 ya estaban dentro-, pero que chocaban con la orden del presidente de bloquear la entrada que los conserjes trataban de cumplir requiriendo la documentación a unos y otros. Nunca había vivido la Diputación Provincial un episodio de tales características.

La sesión pudo comenzar pese al barullo inicial que armaban los vecinos tras imponer Louzán su autoridad de presidente y comprometerse a responder al final de la sesión, como es norma y establece el orden del día, a las preguntas sobre Gondomar que le planteó un edil del BNG.

BNG y PSdeG acusan directamente a Rafael Louzán, en tanto que presidente provincial del PP de Pontevedra, de ser el promotor de las mociones de censura de Mos, donde fue desalojada una alcaldesa socialista por la candidata popular con el apoyo de un tránsfuga del PSdeG, y, el 7 de julio, de Gondomar, donde los nacionalistas, que gobernaban en minoría, fueron apartados por el pacto del grupo popular con los cuatro concejales socialistas y otro independiente, escindido anteriormente del PSdeG. Louzán anunció personalmente la moción de censura de Gondomar después de fracasar, un mes antes, otra tentativa de llevarla a cabo con el ex alcalde Carlos Silva como candidato.

Silva, condenado a cárcel e inhabilitación por prevaricación urbanística (la sentencia no es definitiva por haber sido recurrida) y a quien los nacionalistas identifican como cabecilla de una red de corrupción en Gondomar que operó en el anterior mandato, tuvo también ayer un protagonismo involuntario en la sesión de la Diputación. Cuando llegó el turno de preguntas, abandonó el salón de plenos en medio de un abucheo de sus vecinos, que le llamaban "corrupto", y ostensiblemente nervioso, tuvo algunas dificultades para abrir la puerta en pleno chorreo. No volvió.

Tampoco Louzán respondió a la pregunta del edil nacionalista de Gondomar, Pauliño del Río, sobre si apoyaba la moción de censura en su ayuntamiento. Contra la tónica común de no responder a las cuestiones que le formulan los diputados en los plenos, Louzán sí hizo ayer uso de la palabra, pero para salirse por la tangente comparando la situación que provocaban los vecinos con otras análogas, según él, de plenos municipales de Vigo.

Videos da Maré Azul

Martes 7 de xullo, día da Moción de Censura


















Sábado 4 de xullo, a gran Manifestación










Xoves 2 de xullo de 2009, 5ª cacerolada









Martes 30 de xuño de 2009, 3ª cacerolada






Artigos de opinión

Actualmente estamos preparando os contidos desta sección

Titulares na prensa

15 de abril de 2010:

Piden dous anos de cárcere para o ex alcalde de Gondomar por posible falsidade documental

13 de abril de 2010:

A oposición de Gondomar pide a dimisión do ex alcalde imputado

12 de abril de 2010:

Carlos Silva volverá al banquillo el 10 de mayo por un delito de falsedad documental

27 de febreiro de 2010:

Una protesta de vecinos de Gondomar eclipsa el debate sobre las cajas en la Diputación

19 de decembro de 2009:

El Valedor do Pobo investiga la "persecución política" que el BNG de Gondomar atribuye al tripartito

18 de decembro de 2009:

El PP evita una condena del Pacto Antitransfugismo al caso Gondomar

El PP rechaza declarar como transfuguismo las mociones de Gondomar y Silleda

8 de novembro de 2009:

O BNG de Gondomar dubida que o goberno poida aprobar un PXOM antes de acabar o mandato

6 de novembro de 2009:


El BNG acusa al tripartito de perder 14 meses en el PXOM

5 de novembro de 2009:

Los tránsfugas de Gondomar encargan un plan de urbanismo

O goberno de Gondomar fíxase un prazo de 14 meses para aprobar un novo Plan Xeral

El gobierno tripartito de Gondomar promete aprobar un nuevo PXOM en catorce meses

3 de novembro de 2009:

Acusan a Louzán de “favorecer” a las alcaldías de las mociones

Los tránsfugas siguen usando las siglas en Gondomar por 2.000 euros

29 de outubro de 2009:

Un edil do BNG de Gondomar defende a súa vivenda nunha encerrona ao alcalde

El BNG se planta en la Alcaldía

25 de outubro de 2009:

El BNG de Gondomar denuncia acoso urbanístico del tripartito a sus miembros

24 de outubro de 2009:

Gondomar aproba o orzamento entre os insultos dos veciños

El tripartito de Gondomar aprueba sus presupuestos entre insultos y petardos


22 de outubro de 2009:


O goberno de Gondomar cobrará 224.000 euros ao ano

El alcalde de Gondomar cobrará 52.000 euros anuales y otros tres ediles, 40.000

21 de outubro de 2009:


Gondomar: despois do 'baile de tránsfugas' chegan as dedicacións

Gondomar queda sen piscina nin centro de saúde

El tripartito de Gondomar cierra su primer presupuesto en 7,1 millones de euros

12 de outubro de 2009:

Case 48.000 galegos cambiaron de alcalde por mocións de censura

Las mociones del PP

1 de outubro de 2009:

El BNG denuncia que el nombramiento de De Lis como teniente de alcalde es ilegal

Un pleno de dubidosa legalidade cambia a hora das sesións en Gondomar

30 de setembro de 2009:

O goberno de Gondomar pon os plenos ás 9 para evitar aos veciños

24 de setembro de 2009:

El alcalde de Gondomar niega al BNG la entrada en las oficinas del Concello

El alcalde de Gondomar veta al BNG en el ayuntamiento

Os edís do BNG deixan de ter acceso libre aos expedientes

As mocións escapan do silencio

Gondomar pide unha compesación de 700.000 euros pola anulación xudicial dunha permuta

22 de setembro de 2009:

Feijóo justifica ante Rajoy los pactos con tránsfugas en Silleda y Gondomar

19 de setembro de 2009:

Un camino en Gondomar para un concejal

16 de setembro de 2009:

Os tránsfugas de Alfonso de Lis seguen usurpando as siglas do PSOE tras a súa expulsión

13 de setembro de 2009:

A corrente transfuguista sae derrotada na asemblea do PSOE de Gondomar

11 de setembro de 2009:

Os tránsfugas de Gondomar pasarán ao grupo non adscrito

El Partido Socialista notifica la expulsión de los cuatro ediles que apoyaron la censura en Gondomar

26 de agosto de 2009:

El PSdeG formalizará la expulsión de sus concejales de Gondomar la próxima semana

25 de agosto de 2009:

El PSdeG expulsará a los ediles de Gondomar la próxima semana

O PSOE expulsará aos tránsfugas de Gondomar a próxima semana

19 de agosto de 2009:

Gondomar reclama una indemnización para legalizar los pisos del polígono 1

16 de agosto de 2009:

La Ejecutiva del PSOE en Gondomar critica a De Lis

15 de agosto de 2009:

De Lis seguirá representando al PSOE en Gondomar pese a la orden de expulsión

Louzán 'premia' al ex alcalde de Gondomar condenado

6 de agosto de 2009:

La bronca política se instala en Gondomar

Abucheos para los ediles socialistas de Gondomar que dieron la alcaldía al PP


4 de agosto de 2009:

Los cuatro ediles tránsfugas de Gondomar representarán al PSOE durante otro pleno

Os ex edís socialistas de Gondomar aférranse ás siglas para non perder diñeiro

Los transfugas de Gondomar no quieren ser unos "no adscritos"

2 de agosto de 2009:

Doscientas personas reclaman un "goberno digno" en Gondomar

1 de agosto de 2009:

Cien vecinos increpan a Louzán para que condene la moción de Gondomar

Los opositores a la censura en Gondomar llevan su protesta al pleno de la Diputación

A Deputación de Pontevedra acolle a protesta de veciños de Gondomar


24 de xullo de 2009:

El PP de Vigo advierte de que aún puede haber más mociones de censura como las de Mos y Gondomar

22 de xullo de 2009:

El gobierno de Gondomar borra con típex el nombre de una edil del BNG en el programa cultural

21 de xullo de 2009:

Una sentencia compromete el futuro de decenas de pisos construidos en Gondomar

19 de xullo de 2009:

Un cambio de gobierno polémico en Gondomar

Gondomar "perdió" 700.000 euros en una permuta ilegal

La promotora del "pelotazo" anulado en Gondomar oferta compensaciones

Abogado imputado por prevaricación

18 de xullo de 2009:

Los ediles expulsados continuarán representando al PSOE en Gondomar

Los tránsfugas de Gondomar ignoran la expulsión del PSOE

El gobierno de Gondomar aprobó sus competencias entre abucheos

17 de xullo de 2009:

El PSOE formaliza la expulsión de los ediles tránsfugas de Gondomar

14 de xullo de 2009:

El gobierno de Gondomar da competencias a los dos ediles condenados por prevaricación

El ex alcalde Silva llevará las cuentas de Gondomar

El tripartito dobla el número de dedicaciones exclusivas

Culpables por dar licencias con un plan general anulado

10 de xullo de 2009:

Negocios y relaciones familiares con el promotor inmobiliario más importante del concello

El nuevo concejal de Urbanismo de Gondomar tiene una nave ilegal

9 de xullo de 2009:

«O novo alcalde forma parte da trama urbanística, e ímolo desenmascarar»

Bocata a escondidas

8 de xullo de 2009:

El PP logra el poder en Gondomar apoyado por tránsfugas del PSOE

El argumento de los promotores de la moción es dotar al municipio de un Plan Xeral

El «encierro» más largo

Un advenedizo en política entre dos ediles veteranos y viejos enemigos acérrimos

El PSOE confirma la expulsión de los cuatro tránsfugas y los ediles del PP piden la baja voluntaria del partido

Feijoo dice que fue el PSOE quien apoyó la moción y Vázquez responsabiliza a Louzán

El BNG apea al BNG del gobierno de Gondomar con apoyo de socialistas y un independiente

La moción de censura de Gondomar avanza entre protestas vecinales


Vázquez considera a Louzán "padre político" de la moción de censura

7 de xullo de 2009:

Tránsfugas del PSOE devuelven hoy al PP la alcaldía de Gondomar

De enemigos políticos a socios en el gobierno

PP y PSOE dicen que los concejales de Gondomar ya no figuran en el partido

Gondomar, fortín del Val Miñor

5 de xullo de 2009:

El PSdeG expulsa a sus concejales de Gondomar por firmar la moción de censura

4 de xullo de 2009:

A bocinazos contra la censura

Una caravana de 6 kilómetros rechaza la moción de censura

Protestas

3 de xullo de 2009:

Segundo plante de la oposición de Gondomar al pleno para pagar facturas a los proveedores

2 de xullo de 2009:

El futuro gobierno de Gondomar contará con al menos 4 dedicaciones exclusivas

El tañido de la zanfoña a las once de la noche, contra la moción de censura de Gondomar

El mantra virtual de Gondomar

1 de xullo de 2009:

Los autores de la moción de censura de Gondomar plantaron al ejecutivo del Bloque en su último pleno

Nueva cacerolada en Gondomar por el plante de la oposición al pleno

Los firmantes se defienden por la «falta de gobierno»

El futuro gobierno prefiere esperar


30 de xuño de 2009:

Cacerolada de medio millar de personas contra la moción de censura en Gondomar

Vecinos de Gondomar presionan para que no se apruebe la censura

28 de xuño de 2009:

Primera protesta contra la censura

Nace en Gondomar una plataforma vecinal contra la moción de censura

Los promotores de la censura callan ante las acusaciones de corrupción

La próxima semana definen las áreas de gobierno y los tres grupos tendrán cargos de responsabilidad

27 de xuño de 2009:

El promotor de la censura en Gondomar edifica un hotel ilegal

El BNG acusa a Urgal de concurrir a la Alcaldía para salvar el derribo de su hotel

El BNG acusa a los firmantes de la moción de censura en Gondomar de perseguir el interés personal

El BNG pide una movilización en Gondomar contra «a moción da vergoña»

26 de xuño de 2009:


El PP saca adelante la censura con la firma de los cuatro ediles del PSOE y la de MOVE

Araúxo acusa a Martín Vicente de querer dar licencia a uno de sus hoteles

El PSdG expulsará a sus concejales y tacha de "inaceptable" el pacto contra el BNG

El PSOE expulsará a los firmantes de la moción de censura en Gondomar

Un plan general bajo sospecha está detrás de la iniciativa contra el Bloque

El Alcalde tacha de "corruptos" a quienes han firmado la propuesta

25 de xuño de 2009:

La oposición presenta la moción de censura

El BNG considera que "El PP tiene prisa por volver al modelo de corrupción"


Gondomar, nueva moción de censura de los populares

Los populares de Gondomar dan por hecho que habrá moción de censura con el PSOE para desbancar al BNG

Manifesto

Os veciños e veciñas de Gondomar estamos indignados, estamos moi indignados; e así o vimos manifestando na rúa desde que se fixo pública a escandalosa moción de censura. Sexa cal for a nosa simpatía política, calquera que sexa a nosa orientación ideolóxica, os veciños e veciñas de Gondomar temos o deber de mostrar a nosa máis enérxica repulsa ante todo o que está a suceder no concello e que derivou nesta moción de censura inxustificable e absurda que só busca saciar os intereses particulares daquelas persoas que a promoven.

Os veciños e veciñas de Gondomar non merecemos que, outra vez, a trapallada e a ilegalidade volva ao urbanismo do Concello, non podemos permitir que de novo resucite o espírito da corrupción que no ano 2006 levou á detención de dous concelleiros do PP, non debemos, en fin, consentir que o caos e a desobediencia legal retornen a un concello que no período anterior estivo gobernado por un alcalde ao que os xuíces condenaron a ano e medio de cadea. Amais disto, os veciños e veciñas de Gondomar non precisamos a axuda de catro concelleiros tránsfugas, que en nome da salvación política da vila buscan o seu propio beneficio, vendendo a súa acta no concello e traizoando ós cidadáns e cidadás da vila que os votaron e ós que se deben en primeiro lugar.

En definitiva, os veciños e veciñas de Gondomar non podemos aceptar a inmoralidade de que acceda á alcaldía unha persoa que xa cometeu graves ilegalidades urbanísticas mesmo antes de acceder ao cargo. Un alcalde debe ser unha persoa íntegra, alguén que co seu comportamento exemplar e gran sentido cívico se converta nun irreprochable xestor, guiado pola eficacia e pola honradez fronte ós recursos públicos.

Xa que logo, esta moción de censura parécenos unha farsa irresponsable, unha comedia triste e patética e, sobre todo , un acto de malversación da política, pois a política ten como misión principal servir ó pobo e en ningún caso empregala en beneficio propio nin comerciar con ela ningún tipo de favores.

Os veciños e veciñas de Gondomar non queremos ser partícipes do discurso perverso e manipulado dos concelleiros que organizaron este golpe de man, desprezando as súas obrigas co pobo, o seu deber cívico e o sentido dunha democracia que os habilitou para ser hoxe o que son. Non queremos ser cómplices deste comportamento, inconsciente dunha oposición que botou abaixo toda a acción de goberno no Concello, facendo gala dun incansable afán destrutivo, e agora, logo de fomentar a confusión e o desgoberno, presenta unha moción de censura para facerse co poder baixo a escusa de que a parálise municipal é a consecuencia dun goberno en minoría.

Todo o mundo sabe que esta moción de censura non é democrática, seus intereses son alleos o servizo público e todos sabemos tamén que a acta de concelleiro non e unha parcela privada, e polo tanto, hai que exercela democraticamente, con responsabilidade. O pobo de Gondomar é consciente de que os tránsfugas, se fosen consecuentes, deberían marchar para a súa casa en canto deixan de representar ao seu partido.

Por iso, os veciños e veciñas de Gondomar esiximos que o anterior goberno municipal esgote o seu mandato, que os tránsfugas abandonen os seus cargos, deixando que os seguintes candidatos das listas ocupen os seus postos e que permitan por fin que a xustiza, a democracia e a honradez se instalen en Gondomar.

Despois de 30 días de non goberno o único que podemos resaltar é que a primeira decisión que toman é cortar as cadeas que impedían o paso de vehículos ao parque da Coelleira. Velaí a demostración da sensibilidade que teñen pólos pequenos. E, non faltaría mais!! O reparto de responsabilidades aínda que máis ben habería que dicir IRRESPONSABILIDADES: Facenda e Persoal, Carlos Silva, imputado por prevaricación; Lito Gregores, Educación (¿),; Alfonso de Lis, Urbanismo (¡!!!); Núñez , Gobernación, co asesoramento de Martínez Torea, avogado este que pronto veremos na nómina do Concello.

No primeiro pleno da Corporación non hai unha soa novidade: asuntos xa iniciados polo anterior Goberno. No próximo pleno as estrelas serán o reparto de soldos: ao tempo!

Contacto

Podedes porvos en contacto con nós a través do correo electrónico:

mocionigualacorrupcion@gmail.com

Quen somos?

A plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN surxiu como a resposta dos veciños e veciñas autoorganizados ante a moción de censura totalmente inxustificada contra o goberno do BNG en Gondomar.

Dita moción de censura foi promovida polo PP de Gondomar e levada a cabo grazas a un concelleiro independente e a 4 tránsfugas do PSOE que, ignorando totalmente aos seus votantes, utilizaron a súa condición de concelleiros para apoiar a un alcalde do PP e a un goberno con 2 membros condenados a 8 anos de inhabilitación de a ano e medio de cadea por prevaricación.

Ademáis dos tránsfugas e os condenados as infraccións urbanísticas de todos coñecidas tanto do novo alcalde, Martín Urgal, como do anterior portavoz socialista, Alfonso de Lis Fiuza, e dunha clara disposición a recuperar o PXOM do 2006 polo que foron detidos dous concelleiros do PP por aceptación de subornos na súa redacción, fannos pensar en escuros intereses detrás deste novo goberno.

Por todo isto consideramos a moción de censura e o cambio de goberno resultante como un atentado á vontade democrática que Gondomar expresara nas urnas nas pasadas eleccións municipais e un atentado á dignidade do pobo de Gondomar o cal volve a ter no seu goberno claros indicios de corrupción.

O obxectivo principal da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN é devolver a normalidade democrática a Gondomar e loitar contra a corrupción que con esta moción de censura volveu a tomar posesión das rendas da nosa vila.