“CHOURIZOS URGAL, OS MELLORES DO VAL”
Miñas donas, meus señores,
Temos un entroido sen fin,
Comezou o sete de xullo,
O día de San Fermín.
Entraron pola calada,
Con noturnidade e aleivosía,
Doce gichos moi amigos,
Dando pinchos de alegría.
O mellor de cada casa!!
E cunha chave roubada
Asaltaron o Auditorio
entrando de madrugada.
Ían todos moi cafixos,
Cunha rosa na lapela,
elas de tiros largos
eles, gravatas de seda.
A seda era italiana,
E os traxes de sete estralos,
Agasallo do Capo Louzán
Que lle roncaba o carallo.
Ese día foi a hostia,
Non quedou niguén na casa,
Os matons de discoteca
Tamén viñeron ao acto,
A ver o pobre Arauxo
Perder o bastón de mando.
E falando de espectáculos,
Por non dicir pornografía,
Non hai máis que ir os plenos
E mirar a esa pandilla.
O PP non di nin chio,
E Manolito nin fai pis,
Só fala o tenente alcalde,
o aristócrata, a Flor de Lis.
Dá ghusto oilo falar
Con ese verbo florido,
Todo cheo de razón,
Cando fala en Televigo.
Dicir, non di ghran cousa,
E sempre queda fatal,
Parece un presidentiño
cun discurso de Nadal.
Dentro da casa Grande
Pasan cousas de alucine,
Mandan uns, e outros miran,
Coma nas pelis de cine.
Sería “El Hotel de los líos”
Se non fose que dá noxo,
Seica están a outra cousa,
Van poñer un farol roxo.
Entre a rubia explosiva
E a morena de bote,
Anda o Ghoberno alterado
Por culpa de tanto escote.
O falar non ten cancelas
Que para iso é o entroido,
E falaremos de todos
Teñan cornos ou tricornios,
Porque nos sae do cono.
Tamén cambiaron os mobles
E agora son de deseño,
Despachos pra todo dios,
E cada un no seu cortello.
Carlos Silva no faiado
A Flor de Lis en Urbanismo,
O persoal arriconado,
E Cabaleiro no Rexistro.
nas oficinas do Concello,
Terá que ser de un en un,
Coma se fose un pendello.
Isto é polo ben noso,
Non sexades mal pensados,
Igual que o das exclusivas,
Quen llas dera a un parado!!.
Cincuenta mil euros por barba,
Aínda que sexan en bruto,
Hai que sumarlle as pensións,
Así andan tan chulos.
Manolito o de Move,
seica non cobra nada,
o del é droghar o Río
para pescar a esgalla.
A legalidade do concello,
Está nas mans dun mangante,
Cada informe dous mil euros,
E a tirar para adiante.
O fulano en cuestión,
torea que nin pintado,
Veu fuxindo de Vigo,
E aquí está amarrado.
O devandito individuo
Socio dun tal Canabal,
Ventou a mandanga urbanística,
Prepárate Gondomar!!!
Pero hai quen busca tallada,
E quere unha empresa amiga,
Que teña a boca pechada
Que pinte os urbanizables
Para encher ben a barriga.
O gorentoso pastel
Creoulles un problemón,
Por iso botaron ao Bloque
Da mesa de contratación.
O alcalde, pobriño,
Está obrigado no cargo.
El nunca sabe de nada
E bota de menos os tempos
De cando estaba na Caixa.
Claro que ben pensado
E aínda que non teña oficio,
O hotelito de Borreiros
Ben lle vale o sacrificio,
Que deixe as mexericadas
Que xa Louzán o arranxou,
Colocándolle os seus filliños
Cun chupe na Deputación.
E falando de cousas serias,
Das que nos alegran a vida,
Non me negarán vostedes,
Que hai xente moi divertida.
Foi no pasado outono,
Nas ribeiras do Miñor
Que case morre dun susto
Polo que alí pasou.
Foi o cambio climático
Quen probocou ese cristo,
Unha anaconda no parque!!
Que case traga ao Penisco.
Este noso Gondomar
xa parece un continente,
hai uns meses pra esquiar
e noutros está moi quente.
Isto é algo normal
que xa a ninguén asombra,
temos clima tropical
onde habita a anaconda.
E porque son uns mangantes,
Senón serían “la cobra”,
Mira que teñen cara!!
Joder, que tropa.
Por exemplo o inefable
Noutrora socialisto de pro,
Falamos de Cabaleiro,
Agora que se trasfugou.
Pasou de odiar a GESECO
Por ser unha mala empresa,
A quererlle con loucura,
Miraide que gran sorpresa.
Tiña unha chalana de luxo,
No club de iates, en Baiona,
Mira ti que manda truco!!
E como quixo presumir
De barco con poderío,
Mandoulle a GESECO ir
A recollelo en sixilo.
Pero alí estaba o da Voz,
Que putada tan inmensa!!
Ao día seguinte saiu
Con foto e todo na prensa.
A Teresita la del vivero,
Hay que hablarle en castellano,
Que para una chica florero
El ghallegho es chabacano.
Esa chica tan fisna
E de modais tan refinados,
Dá uns cursos de cociña
Nos que enseña a comer nabos.
As pintadas de Gondomar,
Son borradas con premura,
Non lles importa gastar,
Unha fortuna en pintura.
O galo do galiñeiro,
O galo máis elegante,
É un ghicho de Peitieiros,
Con fama de gran pinante.
O concelleiro Silva,
De natural elegancia,
Andache moi tranquilo,
Pola cousa da mangancia.
Un tipo con tanta clase
E forrado de diñeiro,
Sabe que a xente VIP
Vive moi ben no caldeiro.
Que parecía parviño?
Nada máis chegar ao cargo
Asfaltou o seu camiño.
Que por algo é o de obras
E tamén ten un despacho,
Custar, custoulle chegar,
Agora é coma un carracho
E para rematar esta copla
Un cantar popular,
Deses que nunca fallan
E dan moito que pensar.
Para peixe gordo Vigo,
Para choco Redondela,
Para camarón Moaña
E pra caciques A Paradela.
0 comentários:
Enviar um comentário