Achégase o final dos tránsfugas no PSdeG...

Segundo informa hoxe a prensa, o PSdeG expulsará ós tránsfugas de Gondomar a semana próxima. Entre outras cousas, Pablo García


Explicou que esta (a expulsión) se realizou "con carácter inmediato", o que permitiu eludir os trámites de presentación de probas --"porque a moción de censura non estaba aceptada polo PSOE"--, aínda que este procedemento si admite as alegacións.

En todo caso, o prazo para que os afectados presenten as súas alegacións toca ao seu fin, polo que, "a principios da próxima semana", o asunto estará "arranxado", tal e como asegurou Pablo García.


Xa non era sen tempo que os señores Alfonso de Lis, José Carlos Cabaleiro e Manuel Gómez e a señora Teresa Pereira Capel deixen de representar a un partido do cal se desentenderon cando firmaron e ratificaron a moción da vergoña. Parece que xa cada quen vai ocupar o lugar que lle corresponde, e o destes catro individuos é o grupo dos non adscritos.

Agora só nos queda saber onde colocar ós outros seis compoñentes deste circo, que segundo se escoita por aí, se deran de baixa do Partido Popular antes da moción; anque, neste caso, vai ser un pouco máis complicado... E é que, mesmo sendo certo que pediran a baixa voluntaria do partido, quen dubida que pedirán novamente a alta para concorrer as eleccións municipais de 2011?

0 comentários:

Enviar um comentário